Pistas de Tenis

6 pistas de tenis

Coa remodelación do complexo deportivo de Monterrei, recentemente inaugurado, poñemos a disposición de todos os usuarios as seguintes pistas: unha pista de tenis cuberta con herba artificial. Ao seu lado temos unha pista dura totalmente nova e descuberta. Tamén conservamos as vellas pistas que seguirán servindo mentres non se acometa o resto da renovación do futuro parque acuático. Lembramos que temos catro pistas de tenis abertas dispoñibles para todos os usuarios, das cales dúas son de herba artificial e as outras dúas son pistas duras.

Todas as pistas son gratuítas, pero é obrigatorio facer unha reserva a través do sitio web, co obxectivo fundamental de realizar unha mellor xestión e proporcionar un mellor servizo a todos os usuarios. A reserva será por horas e o rexistro de todos os usuarios será obrigatorio.

Fai a túa reserva!

COMPLEXO DEPORTIVO MONTERREI

Deporte Galego
Instalacións Deportivas de Monterrei

As instalacións deportivas de Monterrei son un referente en Galicia, especialmente na provincia de Ourense. As numerosas pistas das diferentes modalidades deportivas están destinadas a todo tipo de usuarios, especialmente a aqueles aos que lles gusta gozar dun entorno natural de case 100.000 metros cadrados.

A nosa misión fundamental é promover o deporte e garantir que o maior número de persoas poidan practicalo. Por todo isto poñemos a disposición dos usuarios as seguintes instalacións:

Tenis

6 Pistas
de Tenis

Pádel

6 Pistas
de Padel

Pump Track

1 Pista
Pump-Track

Atletismo

1 Pista
Atletismo

Polideportivas

3 Canchas
polideportivas

Pistas Gratuítas

Todas as pistas son gratuítas, pero é obrigatorio facer a reserva a través da web, co obxectivo fundamental de levar a cabo unha mellor xestión e ofrecer un mellor servizo a todos os usuarios. A reserva será por horas e o rexistro de todos os usuarios será obrigatorio