Nós

O Servizo Provincial de Deportes (SPDD) de Ourense da Secretaría Xeral para o Deporte (SXD) da Xunta de Galicia xestiona dende o seu inicio a instalación deportiva de Monterrei.

A entrada a estas instalacións é gratuíta, calquera persoa de calquera grupo de idade pode acceder a camiñar, realizar actividade física ou a gran variedade de actividades deportivas que permite o complexo.

Calquera pode empregar as pistas de tenis, pádel, atletismo, pistas deportivas, Pump-Track e todos os espazos naturais que consta da instalación. Tamén temos un complexo acuático que funciona no verán e está xestionado pola Fundación Deporte Galego (FDG).

O mellor servizo que podemos ofrecer como institución pública é poñer a disposición dos cidadáns un espazo natural incomparable. Tentamos cada ano mellorar o noso servizo, por iso buscamos a innovación.

Somos profesionais da actividade física, con moitos anos de experiencia na xestión de instalacións e tamén na organización de eventos. O noso principal obxectivo é promover a actividade física e o deporte, necesitamos unha sociedade sa que teña unha traxectoria activa ao longo de toda a súa vida.

Moitos clubs e entidades deportivas confían en nós, intentamos cubrir todas as súas necesidades, facemos un esforzo por resolver todos os seus problemas.

Sobre todo, queremos que os usuarios se sintan cómodos, que pensen que están nas mellores mans posibles e, sobre todo, que gocen da súa estancia nas nosas instalacións.

Deporte Galego
Instalacións Deportivas de Monterrei

As instalacións deportivas de Monterrei son un referente en Galicia, especialmente na provincia de Ourense. As numerosas pistas das diferentes modalidades deportivas están destinadas a todo tipo de usuarios, especialmente a aqueles aos que lles gusta gozar dun entorno natural de case 100.000 metros cadrados.

A nosa misión fundamental é promover o deporte e garantir que o maior número de persoas poidan practicalo. Por todo isto poñemos a disposición dos usuarios as seguintes instalacións:

Tenis

2 Pistas
de Tenis

Pádel

4 Pistas
de Pádel

Pump Track

1 Pista
Pump-Track

Atletismo

1 Pista
Atletismo

Polideportivas

1 Cancha
polideportiva