AS PISTAS DE ATLETISMO ABRIRANSE O LUNS 12 DE XANEIRO ÁS 09:00H
As instalacións deportivas de Monterrei son un referente en Galicia, especialmente na provincia de Ourense. As numerosas pistas das diferentes modalidades deportivas están destinadas a todo tipo de usuarios, especialmente a aqueles aos que lles gusta gozar dun entorno natural de case 100.000 metros cadrados.
A nosa misión fundamental é promover o deporte e garantir que o maior número de persoas poidan practicalo. Por todo isto poñemos a disposición dos usuarios as seguintes instalacións:

2 Pistas
de Tenis

4 Pistas
de Padel

Pista
Pump-Track

Pista
Atletismo

Cancha
polideportiva
Pistas Gratuítas
Todas as pistas son gratuítas, pero é obrigatorio facer a reserva a través da web, co obxectivo fundamental de levar a cabo unha mellor xestión e ofrecer un mellor servizo a todos os usuarios. A reserva será por horas e o rexistro de todos os usuarios será obrigatorio